Comeza a 25ª edición do XuvenLugo

por Redacción Lugo

O salón do ocio infantil e xuvenil volve un ano máis ao Pazo de Feiras, arrancando cunha xornada de portas abertas froito da colaboración de Concello e Deputación

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura anunciou que hoxe comeza a 25ª edición do salón de ocio infantil e xuvenil, XuvenLugo no Pazo de Feiras cunha xornada de portas abertas froito da colaboración da Tenencia de Alcaldía e da Vicepresidencia da Deputación co evento.

O XuvenLugo 2023 poderá visitarse do 21 ao 23 e do 25 ao 30 e, xa en xaneiro, os nenos e nenas gozarán das actividades do día 1 ao 4 e o 6 e 7. O horario será de 16:30 a 20:30 e hai diferentes prezos: a entrada xenérica terá un custo de 7 euros; a de Concellos, Colexios e Asociacións (para un mínimo de 15 persoas) terá un importe 5 euros; e o bono para grupos de 10 persoas poderá adquirirse por un total de 60 euros. Todas as atraccións están incluídas, agás o minigolf, a pista de slot, a varredora e o rocódromo.

As instalacións ocupan os dous pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ademais do corredor que une ambas zonas, que estarán divididas en 10 espazos, contando cunha ludoteca para nenas e nenos de 0 a 7 anos, zona de xogos recreativos, minigolf, pista de slot, inchables, unha scape room, atraccións, un touro mecánico e o rocódromo do Pazo de Feiras.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario