CUAC FM presenta este mércores o libro: Galicia MusiCalidade. Unha terra feita de acordes

por Redacción A Coruña

CUAC FM edita 200 exemplares gratuitos do libro Galicia MusiCalidade para celebrar o vintecinco aniversario do seu Concurso de Bandas e Solistas

Dentro do ciclo de actividades de conmemoración do vixésimo quinto aniversario do Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM, este mércores 27 ás 19:30 celébrase no centro da Coruña a presentación dun libro que leva por título «Galicia MusiCalidade. Unha terra feita de acordes».

Trátase dunha obra escrita por Noel Miguélez, coñecido no mundillo musical como Noel Turbulencias, polo seu programa do mesmo nome en CUAC FM e ilustrado por Victoria Sánches. A obra recolle unha serie de nomes relevantes do mundo musical galego de diversas épocas e non trata de ser unha mirada enciclopédica se non unha visión persoal do autor. Dende Suso Vaamonde ou Golpes Bajos ata Tanxugueiras e Baiuca.

A presentación será no local cedido pola A. C. Alexandre Bóveda na rá Santo Andrés 24, dentro do Círculo de Artesáns no primeiro andar.  A actividade é de entrada libre e intervirá como presentador Tomi Legido, fundador de CUAC FM e impulsor do Concurso de Bandas e Solistas, inicialmente chamado de Maquetas porque se enviaban en cassette en 1997, para conmemorar o primeiro aniversario de CUAC FM. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario