A dirección de CCOO visita a os bombeiros dos parques comarcais acampados na Praza de Obradoiro

por Redacción Galicia

A Secretaria Xeral do S.N. de CCOO de Galicia, Amelia Pérez Álvarez e o Secretario da Federación de Servizos a Cidadanía, José M. Ramos Varela de CCOO, expresáronlle este martes o apoio de CCOO ás reivindicacións do persoal e delegados de CCOO dos parques comarcais en folga indefinida desde o 15 de xuño. Nestas festas, manteñen unha acampada na Praza de Obradoiro, mentres as Administraccións seguen a dilatar o proceso de negociación.

Amelia Pérez e José M. Ramos, lembráronlle aos traballadores que «case ningunha loita consegue resultados inmediatos, pero acaban por chegar cando se persevera», tamén manifestaron o seu agrado que «con este peche non só están a reivindicar melloras laborais, senón que contribúen a un obxectivo máis ambicioso, compartido por CCOO: a defensa dos servizos públicos». Os sindicalistas lembraron que «son elementos imprescindibles na seguridade publica e que a cidadanía debe de dispoñer dun servizo de bombeiro de calidade con persoal suficiente e conunha dotación de medios acorde aos sinistros que atenden, sobre todo cando están en risco a vida das persoas».

As Festas que estamos a celebrar con grandes concentracións de persoas e moitos desprazamentos e actividade comercial e cultural, non lle precoupa as Administracións implicadas, Xunta de Galicia e Deputacións, que a piques de rematar o ano segue sen poder chegar a un acordo que resolva a conflitividade nestes servizos, obviando o peche de parques de bombeiros e expoñendo a cidadanía a un risco evidente do que os únicos responsables son os Gobernos con competencias nesta materia.

O colectivo, apoiado polos sindicatos CCOO, CIG, UGT, USO, CSIF e SIBGAL, esixen o cumprimento dunha sentenza do Tribunal Supremo, emitida o 2022, para converter en persoal laboral fixo os efectivos. Ao mesmo tempo, reclaman un convenio galego coas mesmas condicións para os traballadores dos parques e maior dotación de persoal e medios.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario