As Xuventudes Socialistas de Vigo reivindican unha mellora nas condicións do Carné Xove e a Tarxeta Xente Nova

  As xuventudes Socialistas de Vigo estiveron hoxe en fronte da delegación da Xunta de Galicia esixindo unha mellora en materia de descontos no Carné Xove e o aumento de idade ata os 30 anos na Tarxeta Xente Nova.

●        Alberto Ledo, secretario xeral das XSG Vigo,  reivindicou que «mentres Rueda anuncia a gratuidade do bus interurbano para os maiores de 65 anos, moitos estudantes teñen que renunciar a ir a clase por non poder pagar todos os días esas viaxes ao estar limitada a gratuidade ata os 21 anos «

●        Xurxo Doval, secretario xeral nacional das XSG, recalcou que «xa basta que mentres miles de persoas quedan tiradas nas paradas de bus, Rueda dedícase a percorrerse todo o país nun bus onde lle pide a Papa Noel que traia ese autobús máxico que solucione todos os problemas actuais»

●        Leticia Gallego, vicevoceira do Grupo Parlamentario Socialista, lembrou que «nos Orzamentos do ano 2022 quedaron 45.000.000€ sen executar en vivenda para que os mozos teñan a posibilidade de emanciparse, ademais dun transporte público interurbano ineficiente que lles impide a mobilidade por todo o país»

Comparte éste artículo
1 comentario