Nestas datas tan especiais Ana de Guía tu día organiza unhas visitas guiadas para facer en familia ou con amigos. Serán no concello de Viveiro e recorrerán o casco histórico e o belén a tamaño real «Viveiro ante o berce», considerado o máis grande de Galicia.
As visitas serán o venres 5, sábado 6 e domingo 7 de xaneiro ás 11 da mañá.
O custo da actividade é 10€ persoa, 7€ para os menores de 18 anos e gratuita ata os 8 anos.
É necesaria reserva previa, contactando no 654 99 68 57.