Falece un home atropelado no Pino e unha muller grave por un condutor que se deu á fuga e que xa foi detido

Sobre as once da mañá, no concello coruñés de “O Pino”, nunha pista que pasa por debaixo da A-54, e que une as aldeas de Ferreiros e Dodro, a altura de Ferreiros, foron atropeladas dúas persoas, falecendo un home de 67 anos.. 

Un particular foi quen, as 11:40 horas de hoxe, avisou ao 112 Galicia.  Indicaba que un coche continuara a marcha despois de alcanzar a unha persoa. Aseguraba que se trataba dun accidente grave.

Tras contactar co persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, indicaron que cara o punto se desprazaba o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, posto que unha persoa falecera e outra resultara ferida de consideración. 

O causante do atropelo é un mozo de 19 anos, veciño da zona, que deu positivo no test de alcoholemia, que lle realizaron os axentes que levan a investigación, e que están aínda pendentes de tomarlle testemuño ao detido e ás persoas que acompañaban á vítima no momento do suceso.

O ferido foi traslado en ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. 

Foto TVG

Comparte éste artículo
No hay comentarios