Agromuralla desmente un incremento de 7 céntimos no prezo do leite

A confusión nace dunha mala interpretación dos datos publicados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación relativos ao informe de entregas de leite de vaca de setembro. Segundo explica a organización, a táboa oficial reflicte que o prezo en Galicia situouse en 0,448 €/litro no mes de agosto e en 0,455 €/litro en setembro.

Un erro de cálculo na suba real

Deste xeito, o incremento real reflictido polas cifras ministeriais é de 0,007 €/litro, o que supón menos dun céntimo por litro e non os sete céntimos publicados por algúns medios por un erro de interpretación numérica.

Desde Agromuralla subliñan que resulta practicamente imposible un repunte desta magnitude neste período, lembrando que a inmensa maioría dos contratos do sector lácteo rematan a súa vixencia o 30 de novembro e renegocianse nese momento, polo que calquera variación previa de contratos individuais tería un carácter puramente anecdótico e marxinada.

Comparte éste artículo
No hay comentarios