No poema de Rosalía de Castro, é a choiva miúda a que cae do ceo, esa que case acaricia e parece non sentirse sobre a pel, pero nun sábado de inverno raramente é tan inofensiva, e moito menos cando os que están á intemperie son o tropel de xogadores e xogadoras do Fútbol Base que desputan os seus partidos contra os elementos que tamén soen incluír, ademais da auga, vento e temperaturas nada agradecidas.
Pero é o mundo engaiolante do balón, o que os ergue da cama para defender as cores dos seus equipos pese a todo, coas mochilas cargando ás costas e convertendo cada campo nun desfile interminable de miudiños sobre o céspede, con esa cara de satisfacción que non borra o feito de estar mollados ou non ter un resultado favorable. Están no fútbol, nun deses sábados de compañeiros e adestradores de infinita paciencia e vocación. De pais e nais facendo cola na cantina para procurar un café ben quente antes de que a pelota bote a rodar e os seus miúdos fagan a maxia de transformarse en auténticos superheroes, que madrugan para desfrutar e vivir a incipiente paixón futboleira da fin de semana. E se chove…Que chova!
Foto portada. Equipo Prebenxamín da SD Sofán