A nova alcaldesa de Lugo asume o bastón do mando tras por 4 renuncias e unha dimisión:
- A renuncia do señor Arroxo o 17 de xuño
- A dimisión de Lara Méndez o 12 de xaneiro
- A renuncia do señor Arroxo o 15 de xaneiro
- A renuncia do señor Miguel o 17 de xaneiro
- Hoxe a concelleira Maite Ferreiro tivo tamén que renunciar a investidura
Dende o PP explican que “a nova alcaldesa asume esta responsabilidade cun procedemento lexítimo” pero engaden “os episodios de renuncias e dimisións os debería ter en conta, a nova alcaldesa, na súa acción de goberno”
Tamén din respectar “a xenerosidade de quenes renunciaron a ocupar o sillón da alcaldía para que asuma esta responsabilidade”.
Os populares recomendan a Alvarellos que se esforce en convencer a quenes non a votaron, ben sexa porque optaron por outras forzas políticas, ou especialmente, a aqueles votantes do PSOE que sabían que a nova alcaldesa non ocupaba nin o primerio, nin o segundo lugar, senón o tercerio posto da lista dos socialistas.
Por último trasládanronlle os seus parabéns pregando á nova rexedora un cambio de actitude na xestión “pedímoslle que traballen para os lucenses e que deixe de preocuparse de si mesmos” engadindo que “aquí teñen a uns leais e comprometidos concelleiros: ofrecémoslle todo o noso traballo“