Galicia pasará de frío invernal a primavera en xaneiro

por Óscar de Souto

As flores brotando no meu pexegueiro xa me contaban un conto que non quixen crer.

MeteoGalicia e outras fontes oficiais confirman que tralo paso da borrasca Juan que aínda se nota no mar pois atópase en alerta laranxa por ondas de ata 6 metros parece que o tempo do frío invernal vai ir dando paso a temperaturas máis propias do mes de maio, ata os 20 grados centígrados en boa parte de Galicia e máis elevadas noutras zonas ó sur da Península.

As anomalías climáticas das que estaban a falar medios internacionais polo paso dunha baga polar conxelando Rusia, parte de Europa e tamén Canadá e EEUU deixando imaxes impresionantes de cidades norteamericanas xélidas onde parecía que chegase a fin do mundo agora, de golpe unha masa de aire cálido procedente do atlántico norte desconxelará todo e pasarán do xeo propio de Siberia a temperaturas demasiado elevadas para esta época do ano. Galicia tamén notará os efectos deste cambio radical que iremos notando paseniño ó longo desta mesma semana. O final tiña razón o meu pexegueiro, vai vir unha pequena primavera no mes de xaneiro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario