O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou onte en Ourense que rematará as obras do centro de atención á persoas con discapacidade para rematar cunha discriminación “histórica” que vive a cidade e a provincia, a única de Galicia sen un centro destas características. Besteiro asegurou que os e as socialistas apostan por un modelo de xestión “pública e directa”, tal e como demandan as familias con fillos con discapacidade.
O candidato socialista mantivo un encontro esta tarde con representantes da plataforma ProCAPD que levan máis de 8 anos loitando porque a Xunta de Galicia, con Feijóo e Rueda á cabeza, escoiten as súas reivindicacións. Os e as socialistas comprométense deste xeito a rematar con anos de “inacción e desleixo” do Partido Popular e a por fin ao “abandono” que viven os familiares con fillos con discapacidade a cargo, “tras 7 anos de reivindicacións e unha demora continuada na finalización das obras, que seguen agardando o seu remate”. O mellor exemplo desta incapacidade e o cartel as nosas costas que pon que o prazo de execución do centro era de 13 meses en 2019. Aquí seguen esperando”.
Dende o PSdeG-PSOE lembran que no ano 2016, tódalas forzas políticas da cidade asinaron un compromiso para que o CAPD de Ourense fose unha realidade, pero tal e como apuntan “o PP descolgouse deste acordo no ano 2019, negándose a reeditalo”. A partir de entón e tal e como explican os e as socialistas os “incumprimentos” foron a tónica xeral do goberno autonómico, a pesar de estar falando dunha obra “imprescindible” para a cidade e a provincia de Ourense.
“É unha cuestión de dereitos das familias e dos nenos, xa que en todas as provincias existe un centro destas características, público, con prazas públicas e de xestión pública e directa da Xunta de Galicia, no que os traballadores forman parte da administración galega”, sinalan os e as socialistas.
A representante da Plataforma ProCAPD Eva Guitérrez denunciou que levan esperando dende 2016 polo centro público prometido pola Xunta e que xa existe no resto de provincias galegas: “Todo estes anos tivemos o apoio da cidadanía e as promesas incumpridas da Xunta” . Tamén lamentou que a Consellería de Política Social “nunca nos recibiu nin nos escoitou”.
Sigue G.Besteiro en su periplo propagandístico y remata obras por Lugo adelante y al perder la elecciones
próximas ,como es más que probable dirá que el dinero previsto para sus obras no llega y de nuevo culpará
a la Xunta y posiblemente a Rueda.
Si eva Gitiérerz lleva así desde el 2.016 haber pedido dinero a Tome ya que le sobra.Si lo hubo para el
Castillo de Doiras es más necesario haberlo dedicado a éstas cosas.
En Orense «ande fino» porque Jácome está alerta y estos «brindis al sol» alli pasan factura.
Se explica Gómez Besteiro ante sus amigotes con aparente solvencia lo peor es que no tiene un solo euro
que aportar y es fácil que tampoco llegue a ocupar la poltrona en la Xunta .
Hay que pasar antes por encima del BLOQUE y vistas las encuestas ,no es fácil y ésta vez en el BLOQUE si
«suena la flauta» y suman con otras fuerzas plíticas ,evitarán un «bipartito» como el anterior de fatales conse-
cuencias.
Llevaron un palo tan gordo que tras 15 años ,no lograron nada y Feijoo se hizo imbatible .Sospecho que Rueda
es mejor y más listo que Feijoo y estará atento para que nadie lo desbanque de la Xunta .De momento ganará
por «goleada»(segun las encuestas) pero vienen 5 semanas muy importantes que para algunos serán letales y se quedarán sin el «puestecito» de trabajo gratis y sin su «cartera».