O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de Mulleres Empresarias. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.
O Tenente Alcalde e a Concelleira de Cultura mantiveron esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade.
Arroxo afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. «Traballamos para seguir mellorando a cidade», afirmou o Tenente Alcalde, que engadiu «desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo».