A conferencia, aberta ao público, terá lugar este xoves 26 de setembro a partir das oito da tarde na sede do PP lucense
· O secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, destaca que o encontro servirá «para dar luz» ás consecuencias de aplicar unha norma destas características que non está contemplada na Constitución Española de 1978 e proxectaría, di, «unha imaxe moi negativa de España»
· O relator conta cun amplo currículo formativo e experiencia no ámbito académico universitario, de xeito que ten participado en diversos programas xurídico-internacionais de fortalecemento institucional