Ponteceso e Cabana solucionan o problema dos animais abandonados

por Óscar de Souto

Rescate de Animais Xea Concello de Zas infórmanos das boas prácticas dalgúns Concellos da Comarca de Bergantiños que colaboran xa con eles no rescate de mascotas abandonadas.

 Este Centro, como outros similares, acolle, desparasita e busca os donos, se teñen o chip e aparecen os propietarios, e no caso desas mascotas que ninguén reclama acaban nun proceso de adopción, moitas veces con final feliz.

Algúns programas que levan a cabo son de forma gratuita, exemplo as charlas de información e concienciación, realizase sen ningún custo para estes Concellos, entre outras cousas.  A boa nova é que Ponteceso xa está diseñando un plan para as colonias felinas que permitirá que este municipio tamén solucione o problema dos gatos sen dono, abandonados ou “callejeros”, un asunto importante polo das enfermidades que poidan transmitir, atropelos e outras incidencias que se lles debe poñer remedio.

O curioso é que este sobresaliente alto nas notas de Cabana e Ponteceso no asunto dos animais abandonados, resulta ser obrigatorio por lei en tódolos municipios, aínda que algúns, sen mencionar de momento cales, non teñen activo ningún protocolo real, presuntamente,  que como calquera imposto ou trámite ordinario, teñen esa obriga legal, polo que deben asumir a súa responsabilidade. Se uns fan ben as súas obrigas e noutros  acontece que o Municipio decide que non quere gastar nin un euro en rescatar mascotas abandonadas e acaba dando orden a membros de protección civil de recoller o animal en ”Vigo dos Toxos” e volver a abandonalo na “Bugalleira”, e poño estes topónimos só como exemplo imaxinario.

E deste xeito acaban aparecendo máis cans nun lugar que noutro dependendo de quen goberne e como goberne nun Concello ou noutro. Pero a nova aplicación da lei de maltrato animal poñerá as pilas os que suspenden neste problema, case endémico, que sufrimos pola pésima xestión dalgúns gobernantes. As redes sociais e a lupa posta sobre este tema acabará por destapar as malas práxis de certos Consistorios e vencerán nun futuro a corto prazo os que o fan axeitadamente, un acerto político o de tomar medidas ante problemas de vello para non barrer debaixo da alfombra cuestións tan importantes como esta. Se un can abandonado causa un accidente grave de tráfico, con mortos, despois que ninguén se tire dos pelos cando aparezan os responsables xurídicos nun hipotético xuizo entre víctimas e Concello. Caso tamén imaxinario.

  O futuro é hoxe, mañán xa é moi tarde.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario