As dúas horas semanais que fixou a responsable de urbanismo, agora alcaldesa de Lugo, para atender á veciñanza non son suficientes e os lucenses siguen recurrindo ao Grupo Municipal do PP para que lles informe
· A última xuntanza tivo lugar coa veciñanza dos núcleos de Bosende na parroquia de Muxa San Pedro Fiz onde se expuxeron os cambios que supuxeron a eliminación dun Solo Urbanizable Delimitado que estaba previsto desenvolver nese ámbito dando conta de como queda o planeamento neses núcleos
· Trala exposición os veciños mostraron a súa preocupación polas eivas detectadas no núcleo de Bosende de Abaixo, xa que o documento aprobado non reflexa na ficha do núcleo as superficies delimitadas como area de expansión, nin o número de vivendas que se poderán edificar nun futuro.
ATENCIÓN PRESENCIAL E CERTIFICADO VINCULANTE
· Dende as filas populares insisten en que ademais de recuperar a atención presencial e que «se habilite un certificado ou unha resposta por escrito vinculante na que conste o criterio que aplique o técnico que revisa o expediente dunha petición de licencia co ánimo de evitar que en sucesivos trámites o concello poida cambiar a interpretación e afectar a obra ou proxecto».