O Mes Gandeiro volve en febreiro ao Valadouro para a posta en valor da gandería e a promoción das razas autóctonas. O formato mensual, que xurdiu o ao pasado para dar un novo polo á feira gandeira que se viña celebrando en anos anteriores, celebrarase os tres vindeiros sábados – os días 3, 10 e 17 de febreiro –, centrando cada xornada nunha das áreas. O deputado de Rural da Vicepresidencia da Deputación Daniel García e o tenente alcalde e concelleiro de Medio Rural do Valadouro Eduardo Chao presentaron este mércores o programa, no recinto que acollerá as feiras.
As actividades comezan esta fin de semana coa V Feira de Razas Autóctonas da Mariña a partir das 10 horas no Aparcadoiro Municipal ao carón da Piscina. Esta cita contará cun concurso morfolóxico de cabalo de Pura Raza Galego coas seccións de sementais, eguas e poldros (nados no 2024,2023 e 2022). Xa pola tarde, ás 16:30 horas, celebrarase a primeira proba do III Campionato Galego do Cabalo Marchador Galego en dúas categorías. Durante toda a fin de semana nos distintos locais de restauración do Valadouro poderase degustar carne de poldro de cabalo de Pura Raza Galega 100% Raza Autóctona.
O sábado día 10 celebrarase unha formación entorno ao Real Decreto 1053/2022 de Ordenación das Granxas Bovinas na que, entre outros aspectos, se asesorará ás gandeiras e gandeiros sobre a nova lei de de proteción dos dereitos e o benestar dos animais, coa que deberán ter un veterinario de referencia na explotación.
Para rematar, o 17 de febreiro terá lugar a II Feira de Gando no Aparcadoiro Municipal, mentras que no Camiño da Granda terá lugar o III Concurso de Andadura Galega da man de PURAGA. Ambas actividades arrancarán pola mañá. Ao tempo, durante a fin de semana, ASOPORCEL promove a degustación gratuíta de carne de porco celta nos locais hostaleiros.
Daniel García destacou “a importancia de levar focalizar estas actividades ao longo dun mes, que permite potenciar o sector primario e, especialmente, a actividade gandeira, poñendo en valor a tradición desta área da provincia na cría de cabalos e gando vacún”. “Dende a área de Rural sabemos a necesidade de desenvolver programas que permitan a promoción da gandería extensiva e das razas autóctonas para dinamizar o rural tanto social como economicamente, ao tempo que axudamos na conservación do territorio”
Eduardo Chao explicou que o formato do Mes Gandeiro, que puxeron en marcha o ano pasaddo, repítese xa que “isto permite desenvolver as actividades e dedicarlles o tempo que cada unha delas require. Ademais, permite dar importancia a citas como a V Feira Gandeira, que xa é un referente na comarca e en toda a provincia e permite visibilizar un sector que produce alimentos de grande calidade”.
O Programa
3 de febreiro
V Feira de Razas Autóctonas, con exhibición e venda de exemplares de Pura Raza Galega, Porco Celta, Cabra Galega, Rubia Galega, Morenas Noroeste, Burro Fariñeiro, Galiña de Mos, Pita Piñeira e Can de Palleiro
10.00 h. Apertura do recinto ao público
Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega
Demostración de doma de alta escola co traballa a pe a terra a cargo da asociación Pura Raza Cabalo Galego
16.30 h. II Carreira Cabalo Marchador O Valadouro
Durante toda a fin de semana terá lugar unha degustación gratuíta de carne de poldro de cabalo PRG 100% Raza Autóctona nos locais hostaleiros.
10 de febreiro
12.00h. Conferencia RD 1053/2022. Ordenación das granxas Bovinas. Requisitos mínimos xerais. Celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura.
17 de febreiro
II Feira de Gando e III Concurso de Andadura Galega.
Durante a xornada poderá degustarse carne de porco celta nos locais hostaleiros