O desfile do Entroido coruñés contará coa participación de 25 comparsas e carrozas

por Redacción A Coruña

Os participantes partirán ás 17.30 horas da rúa San Andrés e chegarán a María Pita, onde actuará Kumpania Algazara

O Entroido coruñés vivirá este sábado un dos seus actos máis multitudinarios co tradicional desfile de comparsas e carrozas. Nesta edición hai inscritas un total de 25 asociacións da cidade e de diferentes puntos de Galicia, das que 21 que optarán aos premios do concurso.

O percorrido comezará ás 17.30 horas na rúa de San Andrés, que permanecerá pechada desde as 12.00 horas para a preparación das carrozas e vehículos de motor. Media hora antes do inicio, o xurado revisará as diferentes formacións. Tras San Andrés, os participantes atravesarán a rúa de Santa Catalina e desfilarán polo Cantón Grande e a avenida da Mariña, entrando á praza de María Pita por Porta Real. O tráfico desviarase desde a praza de Mina por Juana de Vega a partir das 17.00 horas para o correcto desenvolvemento deste acto.

O xurado avaliará as coreografías e a calidade do vestiario e das carrozas desde as oficinas do IMCE, na Casa Paredes. O Concello ofrece un mínimo de cinco premios en metálico para as modalidades de comparsas na categoría de vestiario, coreografía e orixinalidade, e carrozas. Os premios oscilan entre os 500 e 1.500 euros en función do posto final, ademais de premios á orixinalidade e accésits. 

O grupo portugués Kumpania Algazara amenizará o ambiente en María Pita segundo vaian chegando as carrozas e as comparsas cun concerto. Está previsto que a entrega de premios teña lugar ás 20.30 horas e terá lugar no escenario da praza de María Pita. Tras a cerimonia, Kumpania Algazara ofrecerá un concerto, a partir das 21.30 horas.

Entronización do Deus Momo e ofrenda a Nito

Este venres, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asistirá aos tradicionais actos que dan comezo aos festexos do Entroido. Por unha banda, en Zalaeta está previsto que participe na ofrenda a Antonio Santiago Álvarez, ‘Nito’, un dos grandes impulsores do Entroido coruñés e dos apropósitos.

Desde alí, as comparsas e persoas participantes na ofrenda faránun pasarrúas ata o Obelisco, onde se procederá á entronización do Deus Momo, figura que personifica o espírito do Entroido. Durante o acto haberá unha actuación musical de Os Maracos, gañadores do concurso de comparsas de música e letra, que tivo lugar o pasado sábado no Centro Sociocultural Ágora.

Comparsas e carrozas participantes no desfile de Entroido

  •  ONCE 
  •  Festarrachada 
  •  Asociación Galega de Teatro Musical 
  •  El justiciero
  •  Pantaleón 
  •  Bolivia pachá 
  • Melandrainas 
  •  Kilomberos de Monte Alto 
  •  Bribesly Hills 
  •  Urbilar 
  •  Amigos da Xoldra 
  •  Tarde mal e arrastro 
  •  Monte Alto a 100
  •  Os Maracos 
  •  Os peixes de Cambre 
  •  Troula Seguido 
  •  Morenada Bolivia sin Fronteras 
  •  Os mismos de sempre 
  •  Os subterráneos 
  •  Malandros
  •  Los infieles 
  •  Ana Fuentes Candal (Fóra de concurso)
  •  David Purriños (Fóra de concurso)
  •  La madriguera de Pichi (Fóra de concurso)
  •  Estrelas da Noite(Fóra de concurso)
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario