A olería tradicional de Buño está hoxe de loito

por Óscar de Souto

Hoxe a agrupación oleira deixaba nas redes esta despedida dun dos seus heroes:

Hoxe a Olería de Buño está de loito, espertamos coa triste noticia dunha gran perda, faleceu o noso amigo e compañeiro Fernando Cambón.
Leva vinculado a Olería de Buño dende que naceu, neto, sobriño e irmá de oleiros, con máis de 30 anos adicandose profesionalmente a Olería, formou parte nos comenzos dá fábrica de Buño(Alce), tamén foi tesoureiro dá asociación Oleira ata fai poucos anos, sempre viviu, traballou e loitou por esta tradición. Así pois, deixounos un gran legado de pezas fermosísimas que sempre serán recoñecidas alí onde as vexas como as pezas do Obradoiro Cambón.
Todas e todos os que tivemos a sorte de coñecer a Fernando, sabemos que era pura enerxía; loitador incansable, alegre, festexeiro, compañeiro e moi bo amigo dos seus amigos.
Dende a Asociación Oleira queremos mandarlle unha forte aperta e moita forza a toda a súa familia, en especial a súa nai Carmen, a súa filla Mar, a súa muller Ana e por suposto ou seu irmán David.

«Que a terra che sexa leve amigo»
«Só morre quen é esquecido».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario