A imposibilidade por parte da alcaldesa de conseguir fondos europeos impediu consolidar o acordo que Xunta e Concello alcanzaron no ano 2022
- O PP afirma que “cinco anos despois de que Lara Méndez anunciase que faría con fondos propios o Museo da Romanización agora se desdice” ironizando o “pouco interese que demostra Besteiro polo Cuartel de San Fernado: nin asiste ao encontro coa plataforma MVRO pese a estar confirmado”
- O Grupo Municipal do PP replica ao PSOE que quen incumpre acordos son eles mesmos e lembra como en 2019 adquiriron un compromiso formal no salón de plenos da casa do Concello coa mesma plataforma coa que onte se reuniu.
- Tal e como figura nas hemerotecas, a promesa que fixo Lara Méndez, a que hoxe é candidata do PSOE, á plataforma MVRO, era facer o Museo da Romanización con fondos propios.
- Os populares desminten as acusacións dos socialistas á Xunta e lembran que en 2022 acadouse un consenso de que a administración autonómica colaboraría no Plan Director e na musealización, quedando á espera da cantidade final que se obtería de fondos europeos
- A realidade é que o goberno local incumpre o pactado coa Xunta: a primeira das solicitudes de fondos europeos denegáronlla e, na segunda liña, o Concello renunciou a presentarse.
- En resumo a incapacidade do bipartito local de conseguir financiamento europeo impide consolidar o acordado o 24 de outubro de 2022 nunha reunión celebrada a dúas bandas.
UN POUCO DE HISTORIA
- Os populares lembran que foi o Partido Popular, cando Joaquín García Díez era alcalde, quen negociou o cuartel de San Fernando para facer un auditorio para Lugo, deixando incluso un proxecto feito. Sen embargo o bipartito, en época de Orozco, decide abandonar o cuartel e que o novo auditorio se construise en Magoi (un edificio que, por certo, segue pechado case catro anos despois de que teñan as chaves do edificio pechado”).