Reunímonos diante da Comandancia da Garda Civil de Lugo para solidarizarnos e honrar a memoria de dous homes que perderon a súa vida no terrible suceso de Barbate.
En nome do Partido Popular queremos expresar as nosas condolencias coas familias dos axentes asasinados e recoñecer tamén o seu traballo e entrega.
Cremos que é imperativo «protexer a aqueles que nos protexen» e demandamos con firmeza dende Lugo que se lles outorgue á Garda Civil, así como ao resto das forzas de orde público, os recursos e medios necesarios para garantir a súa seguridade para o desempeño do seu traballo.
Con este xesto ademais de lembrar e homenaxear a Miguel Ángel e David queremos reafirmar o noso compromiso coas forzas e corpos de seguridade, cos homes e mulleres que día a día arriscan as súas vidas para coidarnos e que sempre están aí.
Moitas grazas por estar sempre aí.
O PP de Lugo expresou as súas condolencias, cun minuto de silencio, ás familias dos axentes asasinados en Barbate
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario