A Deputación da Coruña inviste 904.400  euros na contratación de técnicos deportivos en 67 concellos da provincia 

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas da área de Deportes para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia.

Neste 2024, a Deputación destina 904.400 euros para financiar este programa, que permitirá a 67 concellos da provincia contratar ou manter no seu cadro de persoal a técnicos deportivos que teñen como misión dinamizar a actividade deportiva dos municipios e planificar un calendario de actividades para todos os públicos.

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, achegouse esta mañá ata Sada para supervisar no pavillón de deportes, na piscina e nas pistas deportivas da localidade algunhas das múltiples actividades realizadas na localidade ao abeiro desta liña de axudas.

Leira, que estivo acompañado polo alcalde de Sada, Benito Portela, a concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, e membros da corporación municipal, destacou que se trata dun programa que «contribúe de maneira directa á xeración de 62 empregos noutros tantos municipios da provincia» e, ademais, «facilita a realización de programacións deportivas con actividades variadas e estables, promovendo a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños e veciñas de todas as idades nos concellos da provincia».

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

Viista ao club Alamar de Sada

Na súa visita a Sada, Leira e Benito Portela visitaron tamén o Club Alamar, e interesáronse pola súa actividade para a promoción da vela lixeira no municipio e polo apoio que a Deputación lle presta a través das liñas de subvencións para a adquisición de material deportivo, como as dúas lanchas Zodiac coas que conta o club.

Alamar é unha das entidades beneficiarias dos cinco vehículos que a Deputación vén de conceder a outros tantos clubs de remo, piragüismo, vela e salvamento da provincia cunha achega total de 125.000 euros e que se publican hoxe no BOP.

A furgoneta, de nove prazas, facilitará os desprazamentos dos deportistas e do material a competicións nas que participen.

CONCELLOS QUE CONTARÁN CUN TÉCNICO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN EN 2024

Comarca da Coruña e As Mariñas

CONCELLOACHEGA
Abegondo15.000
Aranga15.000
Arteixo15.000
Betanzos15.000
Cambre10.000
Carral15.000
Coirós15.000
Culleredo15.000
IrixoaMiño10.00015.000
OleirosPaderne15.00015.000
Sada10.000
Sobrado15.000
Vilasantar10.000
Total205.000

Comarca de Santiago

CONCELLOACHEGA
A Baña15.000
Ames15.000
Boimorto15.000
Boqueixón10.000
Dodro15.000
Frades10.000
Melide10.000
Mesía15.000
Oroso10.000
Padrón15.000
Rois15.000
Santa Comba15.000
Santiso15.000
Teo15.000
ToquesTordoia15.00014.400
Touro15.000
Trazo15.000
Val do Dubra10.000
Vedra10.000
O Pino15.000
Total284.400

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

CONCELLOACHEGA
Ares15.000
Cariño15.000
Cedeira5.000
FeneFerrol15.00015.000
Moeche10.000
Monfero15.000
Mugardos15.000
Pontedeume15.000
San Sadurniño15.000
Valdoviño15.000
Total150.000

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

CONCELLOACHEGA
Cabana de Bergantiños5.000
CamariñasCarballo15.00015.000
Cee15.000
Corcubión15.000
Dumbría10.000
Fisterra10.000
Malpica15.000
Ponteceso15.000
Vimianzo15.000
Zas10.000
Total140.000

­­

Comarca do Barbanza

CONCELLOACHEGA
A Pobra15.000
Boiro15.000
Carnota15.000
Lousame15.000
Mazaricos15.000
Outes10.000
Porto do Son10.000
Rianxo15.000
Ribeira15.000
Total125.000
Comparte éste artículo
No hay comentarios