Nace Asociación Cosmética Galega, impulsada por 22 compañías con sede en Galicia

A entidade axuntará os intereses das firmas que integran a cadea de valor do sector cosmético da comunidade autónoma

Asociación Cosmética Galega (ACG) dá os seus primeiros pasos. Vinte e dúas compañías galegas vinculadas ao deseño e a creación de produtos de coidado persoal, que utilizan principalmente ingredientes derivados da natureza de Galicia, decidiron impulsar a creación desta nova asociación co obxectivo de «axuntar intereses para compartir coñecemento, experiencia, ferramentas e custos». A nova asociación, cuxa constitución tivo lugar o pasado luns (04/03/2024) no BioPolo da Sionlla, en Santiago de Compostela, agrupa a firmas galegas «con obxectivos, necesidades e dificultades comúns». Asociación Cosmética de Galicia terá a súa sede no rural galego, no lugar de Cumbraos, Concello de Monterroso (Lugo), onde está ubicado o proxecto Cosmética Muuhlloa.

ACG, presidida pola farmacéutica Ariana Fernández Palomo, apoiará o desenvolvemento, regulación e expansión da cosmética de Galicia

Asociación Cosmética Galega, que presidirá a farmacéutica e impulsora do proxecto lp10 Ariana Fernández Palomo, pretende representar a todas aquelas empresas que forman parte da cadea de valor deste sector económico: deseño, formulación, produción, distribución, comercialización ou control. As compañías socias fundadoras de ACG son, ademais de lp10ChorimaPiel NaturaBlue SilkNüürNaturaviaAmalgamaNela BiosenseSiolazOrixe CosmeticsMuuhlloaRizzolaSegolab SaúdeAlloaMaruxiñaPazo Gil CasaresAnainasDe Lú, AcemeliaEsencia VivaOzoaqua y Luxor Essentia.

Equipo directivo e de xestión

A nova entidade asociativa, que recibirá o respaldo do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e do BioPolo da Sionlla, contará co apoio dun staff de expertos en diversos ámbitos do asesoramento e consultaría empresarial. A súa Xunta Directiva, integrada por 10 membros, estará composta, ademais de por a súa presidenta; polo seu vicepresidente, Miguel Ramón de la Calle; secretario, José Ángel Dopico; tesoureiro, Alejandro Cortizas; e seis vocais: María José Álvarez Quintero, Natalia Silva Martín, Enrique Neira, María Luisa Rodríguez Lama, José Manuel Gómez Amorim e Juan Carlos Pastor. O Comité Executivo, con catro integrantes, estará coordinado por Xosé Luis Reza.

Asociación Cosmética Galega encargarase, entre outros obxectivos, de «representar os intereses dos seus socios ante entidades públicas e privadas; incentivar, apoiar e promover o desenvolvemento, regulación e expansión da cosmética galega; mellorar a competitividade dos seus asociados; fomentar a innovación e a investigación; apostar pola perspectiva de xénero e o empoderamento da muller; desenvolver proxectos conxuntos; compartir recursos e experiencias; e promover a sustentabilidade».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios