Amnistía Internacional Galicia, organiza un acto na Coruña para reclamar o alto ao fogo inmediato en Gaza

A convocatoria terá lugas ás 18:30h no Obelisco e contará coa participación musical do artista local Xosé Taboada coa súa banda Bule Bule, así como a presenza do representante de Médicos del Mundo, Felipe Noya, que fará fincapé nas consecuencias desastrosas que os ataques israelís están a ter no sistema de saúde gazatí, xa que as infraestruturas médicas están a ser un obxectivo principal dos bombardeos.

No acto tamén se lerá un manifesto, que leva por título «Ante o drama humanitario que se está a vivir na Franza de Gaza e o resto dos Territorios Palestinos Ocupados, reclamamos o alto ao fogo inmediato», presentado por Amnistía Internacional e que asinan outras oito ONG’s galegas, no que se reclama un alto ao fogo sostido e prolongado de todas as partes, indispensable para que as axencias de axuda humanitaria poidan facer chegar a axuda suficiente á Franxa e a distribúan de forma segura e sen condicións. O documento incide na importancia de que a comunidade internacional non mire cara outro lado e que se impoña un embargo integral de armas a todas as partes no conflito, tendo en conta que se están a cometer graves violacións dos dereitos humanos que constitúen crimes do dereito internacional. Igualmente, incide en que a sentenza da Corte Internacional de Xustiza debe ser cumprida e ínstase a todos os Gobernos a actuar para prever o xenocidio do pobo palestino. Do mesmo xeito, insístese en que  Hamás e todos os demais grupos armados deben pór en liberdade inmediata e incondicional a todos os reféns civís.

As organizacións asinantes xunto con Amnistía Internacional Galicia son as seguintes: 

AGARESO – Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

AIRE – Asociación Integral de Rescate en Emergencias

Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento

Fundación Educo

Médicos del Mundo

Miradas al Mundo

Movimiento por la Paz

RSF – Reporteros sin Fronteras

Comparte éste artículo
No hay comentarios