«Esta mostra é xa un referente para o rural galego» asegurou a deputada
A deputada no parlamento galego, Montse Valcárcel, acudiu onte á inauguración da XL mostra exposición Moexmu, acompañando aos deputados provinciais, Daniel García e Iria Castro, así como a representantes do BNG de Cospeito.
Esta mostra convertiuse «nun referente para o rural galego» polo cal a deputada nacionalista felicitou á Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta por organizar unha iniciativa que é moi importante para visibilizar a actividade agrogandeira que neste zona da provincia de Lugo se desenrola.
Montse Valcárcel destacou «a importancia desta cita gandeira para dinamizar o sector pero tamén para trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandeiría e xerar, sobre todo entre a mocidade, unha maior autoestima e orgullo de pertencer ao rural»