O PP defenderá no pleno que PSOE e BNG deixen “o sectarismo e os pactos ocultos” nas súas decisións e promovan a igualdade entre os lucenses

No Grupo Provincial Popular deféndese a rescisión do convenio con Monforte dado o gran rexeitamento social á obra da ponte do Malecón e se recorda que “non estamos en contra de que vaian cartos a Monforte, o que non queremos é que ese diñeiro de tódolos lucenses vaia directamente para financiar parte do custo deste proxecto” e para “a campaña de lavado de cara de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno de mañá varias iniciativas “para acadar a igualdade real para todos os lucenses da provincia” e así “deixar atrás o sectarismo de PSOE e BNG nas súas decisións”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que unha das mocións a debater será a posible rescisión do convenio de 1.800.000€ entre a Deputación e o Concello de Monforte que todo apunta se destinará para costear parte da construción da polémica ponte do Malecón.

Ameijide reclama a anulación deste acordo debido ao enorme clamor e rexeitamento social que xera o proxecto na cidade, así como pola situación do alcalde monfortino, José Tomé, actualmente investigado por un presunto delito de acoso sexual e que “precisa dos fondos para pagar a súa campaña política para as eleccións municipais”.

“Cómpre garantir que os recursos públicos de tódolos lucenses non vaian a parar, en concreto, para o proxecto da nova ponte do Malecón que ten unha forte contestación social en Monforte e, por suposto, o que non se pode facer, de ningunha maneira, é pagar cos cartos de todos os lucenses a campaña política de José Tomé”, recordou.

Neste senso, os deputados populares lembran que “non estamos en contra de que se destinen recursos a este concello, senón que criticamos a que se van a destinar xa que a poboación non quere esa obra”.

Por outra banda, tamén se pedirá que o Goberno de España “retire a súa proposta de reforma do Estatuto Marco e abra unha negociación real cos profesionais sanitarios e coas comunidades autónomas” para solucionar o conflito e evitar máis paros médicos que están a impactar nos tempos de espera, máxime cando os facultativos xa teñen anunciado que continuarán coa folga despois do verán ante a falta de acordos co Ministerio de Sanidade. 

Os deputados provinciais do PP insisten en que a iniciativa “non responde a unha posición partidista, senón ás demandas expresadas polos propios facultativos que levan meses mobilizándose contra as imposicións do Goberno de Sánchez e reclamando un Estatuto Marco que teña en conta as demandas da profesión médica e faga fronte aos problemas reais do Sistema Nacional de Saúde. Os populares lamentan que a folga provocada polo Executivo estatal “teña un elevado impacto nas listas de espera da sanidade pública de toda España” – só en Galicia téñense suspendido preto de 280.000 actos médicos cos paros convocados desde o mes de decembro- e inciden en que “a solución depende exclusivamente do Goberno do Estado”.

Durante o pleno, os deputados populares tamén preguntarán ao goberno provincial “que prazos manexan para proceder á apertura” de Augasmestas tras 20 anos pechado por PSOE e BNG, así como “que medidas van a poñer PSOE e BNG en marcha para garantir a seguridade do tódolos usuarios das vías provinciais nos puntos nos que conflúen con algunha das rutas do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo?”.

Finalmente, no Grupo Provincial Popular se insistirá na necesidade de mellorar o mantemento da rede viaria provincial, polo que se pedirá medidas de seguridade na parroquia de Galdo, en Viveiro, así como o arranxo de dúas pontes en Alfoz.

Comparte éste artículo
No hay comentarios