O Ineltrón Santo Domingo encaixa a primeira derrota da tempada

por Redacción Deportes

Nun partido estraño, os betanceiros sairon derrotados 72-62 en Porriño

A marca quedou en 19 vitorias consecutivas. O Ineltrón Santo Domingo Betanzos visitaba a pistado Porriño coa posibilidade de sumar a vixésima vitoria da temporada, pero o equipo local, un dos máisfirmes candidatos ao ascenso, rompeu unha das rachas máis meritorias da Primeira Nacional. Se xa seprevía un desprazamento difícil para os de Doc, os primeiros minutos no Municipal do Porriño xa marcarona pauta do que ía ser a tarde-noite do sábado na vila pontevedresa: 11-0 de parcial para os visitantes e asensación de que a primeira derrota para os betanceiros era máis ca posible.

Certo que o Santo competiu por momentos, reducindo a distancia varias veces a cinco e tres puntos,pero os espectadores locais nunca tiveron a impresión de que podía marchar o partido. Moitascombinacións en pista para os visitantes, buscando talvez a maneira de mudar a dinámica do partido, peroo certo é que o 46-33 do descanso xa case anticipou o resultado final: dez abaixo, a sensación de que oSanto Domingo podía pór en maiores dificultades aos anfitrións e un 5/28 en triplas que volve marcar un“debe” nos adestramentos da semana.

Líderes unha semana máis grazas á renda de vitorias, pero o equipo betanceiro xa aprendeu unhavaliosa lección: ninguén é “imbatible” e o sistema de competición da Liga, cunha final a “catro” a vida oumorte, préstase a todo tipo de conxecturas.

Ficha Técnica:

PBB Godoy Maceira 72: Iván Losada 17, Lucas Vaquero 10, Dani García, David López 6, Iñigo González 8, Dani López, Óscar Pérez, Joel Martínez 16, Jorge Aller 15.

Ineltrón Santo Domingo Betanzos 62: Will Pereiro 5, Jorge Abelleira 9, Pablo Sanjurjo 2, Dani Cayado 2, JorgeCayado, Dani Martín 9, Luís Portilla 15, Miguel Latas, Marcos Rozas 9, Ernest, Brezo 21, Pepe Moreno 4.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario