O orzamento ascende a 11.500 euros
Augas de Galicia comunicou ao Concello da Laracha a concesión da subvención para a realización dunha auditoría do abastecemento municipal que recolla información para avanzar cara unha maior eficacia e eficiencia na prestación do servizo.
Dita auditoría incluirá a revisión completa das instalacións, redes, contadores, depósitos e estacións de tratamento de auga potable. Tamén contempla a redacción dun plan de actuacións dirixido a identificar posibles puntos débiles ou de fugas na rede para minimizar as perdas de auga.
O orzamento total da auditoría alcanza os 11.500 euros, dos cales Augas de Galicia financiará o 80 %, correspondendo ao Concello asumir con fondos municipais o 20 % restante.