Marcos Sorrentino visitará a biblioteca do CEIDA nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (parroquia de Liáns)
O vindeiro venres, 26 de abril, o máximo responsable de Educación Ambiental do Goberno do Brasil, Marcos Sorrentino, visitará a segunda sede do CEIDA, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, para impartir unha conferencia titulada ‘Educación Ambiental no Brasil: territorios de cooperación e incidencia nos acordos internacionais’.
A ponencia pretende incidir a urxencia dunha Educación Ambiental revolucionaria, que conecte os territorios relacionais locais cos desafíos socioambientais globais. Para elo, Sorrentino realizará un breve percorrido histórico polos 25 anos de institucionalización da política pública de Educación Ambiental e polo panorama actual no Estado brasileiro; mostrará como a Cooperación Internacional pode contribuir para facerse eco das voces locais nos ámbitos intercionais ao mesmo tempo de dar materialidade aos acordos entre países; e falará tamén da COP 16, da biodiversidade, da COP 30, da Mudanzas do Clima e da Rede de Centros de Educación e Cooperación Socioambiental como camiños para unha educación comprometida cos cambios culturais.
Sobre Marcos Sorrentino
Profesor ambientalista que traballa desde os anos 70 en asociacións e movementos do ámbito ambiental. Actualmente é profesor senior da Universidade de São Paulo e director de Educación Ambiental e Cidadanía do Ministerio de Medio Ambiente e Mudanza do Clima (MMA) da República Federativa do Brasil. Fixo un dos seus pos-doutourados xunto á Universidade da Coruña e o CEIDA (2018). Foi docente da Universidade Estadual Paulista (UNESP) (1985-1988), Universidade de São Paulo (USP) (1988-2019) e Universidade Federal da Bahía (UFBA) (2021-2023). Asesor especial do Ministro de Educación do Brasil (2012-2014) e director de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente (2003-2008).
A actividade terá lugar na actual sede da biblioteca o centro de documentación ambiental do CEIDA ás 19 horas. O aforo é limitado, e a asistencia pode confirmarse a través da páxina web ou do teléfono 981 630 618.