A Deputación da Coruña comeza as obras do aparcadoiro en Balarés

por Redacción A Coruña

Ten como obxectivo ordear o tráfico e o estacionamento de vehículos, acabando cos constantes problemas que ocasionan os coches aparcados nos laterais da vía de acceso á praia

A Deputación da Coruña comezou esta semana as obras de construción do novo aparcadoiro no entorno de Balarés, en Ponteceso, cun investimento de 396.800 euros, que teñen como obxectivo ordear o estacionamento de vehículos, liberar o tráfico e garantir a seguridade da veciñanza e dos numerosos visitantes que rexistra a praia, o pinar e a zona de lecer próxima, especialmente durante a época estival.

Os traballos completan unha serie de melloras por importe de mais de 600.000 euros levadas a cabo na área de lecer, iniciadas en 2016 tras a visita á zona do presidente Valentín González Formoso, a petición do entón alcalde, Lois García Carballido. Renovación do mobiliario urbano, reparación dos elementos de madeira da área de lecer, renovación da fosa séptica, adecentemento e limpeza do entorno e pequenas melloras nos accesos foron algunhas das actuacións levadas a cabo inicialmente.

Posteriormente, en 2019, a Deputación adquiriu unha parcela de 34.000 metros cercana á área de lecer para continuar realizando melloras necesarias como a creación deste aparcamento, que permitirá rematar cos constantes problemas de tráfico e de aparcamento dos vehículos que ata agora estacionaban nos laterais da vía principal de entrada á praia, ocasionando dificultades nos accesos e problemas de seguridade, especialmente nos meses de verán.

Un actuación branda e integrada no entorno

As obras consisten nunha intervención branda, perfectamente integrada no entorno ambiental da zona. O novo aparacadoiro contará con 395 prazas, 4 delas para persoas con mobilidade redudida, viais de 5 metros de ancho e vía principal de acceso de 7 metros. O pavimento estará composto por formigón con ocos recheos de terra sobre os que se dispón céspede. Isto permitirá unha resistencia maior para soportar o peso dos vehículos e, ao mesmo, tempo unha superficie verde cunha permeabilidade do 90%. Usaranse técnicas de drenaxe urbana sostible e disporanse árbores autóctonas no espazo.

As obras inclúen ademáis a construción dunha senda peonil de 116 metros de lonxitude e 2 metros de ancho, delimitadas a ambos lados por travesas de madeira,  cunha pasarela-ponte de 4,5 metros para salvar o cauce natural do regato existente na zona.

O proxecto ten un prazo de execución de seis meses e pretende mellorar a seguridade e comodidade tanto dos veciños coma das numerosas persoas que visitan a praia e a área de lecer, especialmente durante o verán, ocasionando problemas de tráfico, de aparcamento e de seguridade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario