Os Bombeiros Comarcais mobilízanse mañá xoves ás 11:30h diante da sede do Consorcio de Carballo

O pasado día 18 de novembro, a Asemblea de Bombeiros Comarcais de Galicia acordou convocar Concentracións diante do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de A Coruña en Carballo.

Mañá, día 04 de decembro ás 11:30 horas, os Bombeiros Comarcais de Galicia concentrarémonos diante da sede da Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de A Coruña en Carballo.

A falta de seriedade e a incompetencia manifesta demostrada por parte da Xerencia deste Consorcio obriga ós bombeiros a mobilizarse para visibilizar o problema existente coa xestión do Consorcio.

A ineptitude amosada polo Xerente do Consorcio durante os últimos 6 anos, levaron ao colectivo a unha conflitiva folga durante o ano 2024 e que se resolveu mediante a sinatura dun acordo a comezos de 2025. Este acordo de escasos meses de vixencia, lonxe de ser respectado por parte da Administración, está sendo torpedeando desde o Consorcio.

Tras mais de 21 anos sen incremento de efectivos as partes acordaron a contratación de 42 novos traballadores durante o ano 2024, e así dar cobertura o exceso de horas asumido polos bombeiros sen que estas novas incorporacións supoñan un incremento nas dotacións de 3 efectivos. A día de hoxe este persoal está sin contratar e cun proceso selectivo enriba da mesa que é totalmente inadecuado para a contratación do persoal necesario.

A todo isto súmaselle a inexistente xestión en materia de Prevención de Riscos Laborais no Consorcio Provincial, agravando o risco para o persoal interviniente.

Resaltar que tampouco se está respectando o I Convenio Colectivo (firmado en xuño do presente ano) en múltiples aspectos, con interpretacións arbitrarias e interesadas por parte da Xerencia do Consorcio Provincial.

Comparte éste artículo
No hay comentarios