A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reunirase o vindeiro venres 10 maio co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para abordar conxuntamente o futuro da fachada marítima da cidade.
O encontro terá lugar no despacho do Presidente en San Caetano (Santiago) ás 10 da mañá e posteriormente haberá declaracións aos medios.