Concello de Verín. Pleno Extraordinario

por Redacción Ourense

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu onte pola tarde unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

1. Aprobación da acta da sesión anterior.

2. Expediente 3512/2020. Solicitude de modificación das características da concesión do aproveitamento de augas superficiais na CHD.

3.  Expediente 2186/2024. Modificación de créditos.

4. Expediente 2051/2024. Modificación de créditos.

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a modificación das características da concesión do aproveitamento de augas superficiais na Confederación Hidrográfica do Douro derivadas do río Támega no Concello de Verín para incluír no mesmo o abastecemento para a localidade de Vilamaior (Verín). Este punto foi ratificado por unanimidade.

Por outra banda, o pleno tamén aprobou, por 11 votos a favor  (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, unha modificación de créditos correspondente aos gastos derivados da renovación necesaria na frota de vehículos do Servizo de Parques e Xardíns, por un importe de 30.000 euros.

Na sesión plenaria, tamén se aprobou outra modificación de créditos con 11 votos a favor (6 do PSdeG-PSOE e 5 do BNG) e 4 en contra do Partido Popular. Este reaxuste é necesario para cubrir gastos urxentes que non se poden atrasar ata o próximo ano fiscal. É importante sinalar que máis do 80 por cento desta variación orzamentaria está financiada con convenios xa asinados coa Comunidade Autónoma e transferencias da Deputación Provincial de Ourense, mentres que o restante é cuberto con baixas en outras partidas do orzamento.

O expediente adopta a modalidade de créditos extraordinarios e detállanse a continuación:

DETALLE DE PARTIDAS DE NOVA CREACIÓN (ESTADO DE GASTOS):

  • ASFALTADO ACCESO POL. PAZOS DESDE N-532, FASE 3: 48.000 euros.
  • INSTALACIÓN DE PANEIS SOLARES EN 8 EDIFICIOS DO CONCELLO: 118.789 euros.
  • URBANIZACIÓN DA ESTRADA DO POLÍGONO ROTONDA N-532/ PONTE DO POLÍGONO: 85.635,41 euros.
  • CONSTRUCCIÓN DE PASARELA SOBRE O RÍO TÁMEGA: 39.000 euros.
  • MELLORA DE CAMIÑOS 23/24 DO PLAN LEADER. AGADER: 20.824,40 euros.
  • ASFALTADO DA ESTRADA DE VENCES: 120.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DE FONTENOVA: 250.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO EDIFICIO RECAREDO: 250.000 euros.

TOTAL: 932.249,10 euros

FINANCIAMENTO:

Esta modificación de crédito finánciase con transferencias de capital en cumprimento de convenios subscritos coa Comunidade Autónoma e con transferencias de Deputacións. A continuación, detállase o financiamento por cada partida:

DETALLE DE PARTIDAS DE NOVA CREACIÓN (ESTADO DE INGRESOS):

  • ASFALTADO ACCESO POL. PAZOS DESDE N-532, FASE 3: financiado pola Deputación Provincial de Ourense con 48.000 euros.
  • INSTALACIÓN DE PANEIS SOLARES EN 8 EDIFICIOS DO CONCELLO: financiado polo INEGA con 53.720 euros.
  • URBANIZACIÓN DA ESTRADA DO POLÍGONO ROTONDA N-532/PUENTE DO POLÍGONO: financiado polo Plan COOPOU da Deputación Provincial de Ourense con 85.635,41 euros.
  • CONSTRUCCIÓN DE PASARELA SOBRE O RÍO TÁMEGA: financiado polo Plan COOPOU con 39.000 euros.
  • MELLORA DE CAMIÑOS 23/24 financiado polo PLAN LEADER. AGADER da Xunta de Galicia: 10.412 euros.
  • ASFALTADO DA ESTRADA DE VENCES: financiado pola Deputación Provincial de Ourense con 70.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DE FONTENOVA: financiado polo Fondo de Cooperación da Xunta de Galicia con 250.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO EDIFICIO RECAREDO: financiado polo Fondo de Cooperación da Xunta de Galicia con 250.000 euros.

TOTAL: 806.767,61 euros

Ao finalizar este pleno, a sala acolleu outra sesión extraordinaria na que se realizou o correspondente sorteo dos membros das mesas electorais das eleccións ao Parlamento Europeo 2024.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario