Dende o ano 1987, é a primeira vez que Galicia conta cunha candidatura 100% galega, presentada por un partido político de País (non coalición)
Este mércores, o Partido Galego presentou publicamente a súa candidatura e a súa candidata ás Eleccións Europeas. Tamén se expuxeron os obxectivos estratéxicos es os beneficios de que Galicia conte co seu Partido Galego.
O Secretario Xeral desta formación política, Miguel Míguez, dou conta da relevancia histórica do que significa que Galicia conte con candidatura propia a través do Partido Galego, un partido que é a imaxe mesma da sociedade galega, moderado, na centralidade, e galeguista.
Igualmente seguiu explicando que esta tamén é a oportunidade para aglutinar no Partido Galego o voto de moitos grupos municipais independentes, para conseguir un obxectivo necesario que é a unión do galeguismo. A unión de todas esas forzas políticas independentes que sintan o País e que busquen a política do consenso, dos valores, a política útil de verdade; a do contraste pero non da crispación, a dos acordos e non a dos insultos, en definitiva, a política galeguista como somos a inmensa maioría da sociedade galega.
Pola súa parte a candidata a Eurocámara Olga Dourado, presentou os tres eixos temáticos troncais do Programa Electoral do Partido Galego.
Antes de dar comezo as liñas programáticas do Programa, relatou na súa presentación, os seus orixes e a súa vinculación co galeguismo político e cultural (vai anexo o historial da candidata)
O primeiro punto en expoñer corresponde a Eurorrexión, Galicia-Norte de Portugal que asume un carácter de forte complementariedade pero, simultaneamente, converte a este espazo nunha plataforma territorial fortemente competitiva, nun contexto de crecente internacionalización da economía e que xurdiu de forma voluntaria pola interconexión destas dúas rexións que ten as súas raíces no antigo reino galaico portugués, modelo de convivencia pacífica e desenvolvemento conxunto.
Tentar atraer e traer de volta o talento dos nosos galegos emigrados, que foron altamente formados nas nosas universidades, para potenciar a creación de empresas de I+D+I (investigación, desenrolo e innovación).
O segundo, ten que ver cos dous continentes Europa e América, ante os que Galicia xoga o papel da centralidade estratéxica que nos pon no lugar ideal de investimentos e de consecución de recursos vinculados a este feito. Esta ubicación debe ser tida en conta e aproveitada estratéxicamente repercutindo nun beneficio para o noso país
O terceiro eixo é o valor do País, o valor de Galicia no seu conxunto.
Temos unhas rías cun valor produtivo único do mundo e somos a terra dos mil ríos, polo cal ten que ser unha prioridade a preservación e mellora das nosas rías, rios e mares de tódalas ameazas que o mundo actual supón, así coma o desenvolvemento sostible de todo o tecido económico e produtivo relacionado
É necesario destacar tamén a importancia da preservación e restauración do noso patrimonio cultural e arquitectónico, xa que Galicia ten nada menos que o 55% de todo o patrimonio español, tal y como constata o Presidente de APATRIGAL (Asociación Para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego).
A recuperación paulatina en conexión cos sectores produtivos dunha maior parte dos nosos bosques autóctonos de carballos, piñeiros e castiñeiros. Neste eido manifestamos de xeito claro e contundente a oposición do Partido Galego á mega-fábrica de celulosa de Altri en Galicia, para o que temos unha solución viable, respetuosa co medio e substentable de forma indefinida nos tempos, en base aos 300 millóns da subvención de fondos Europeos.
Compre tamén potenciar o comercio de proximidade e a horta tradicional e ecolóxica, contribuíndo a fixar poboación e produtos de calidade ca mínima pegada de carbono e a prezos máis xustos, evitando a especulación relacionada coas grandes superficies. A defensa do Partido Galego polo sector agrario galego que non só beneficia economicamente a esta Comunidade, senón que tamén ten un impacto directo na saúde dos galegos.
Debemos destacar a importancia dos humedais, apenas protexidos en Galicia, e que son os responsables da subministración de auga doce, alimentos e biodiversidade, control de crecidas, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático
Promocionar as famosas concentracións parcelarias, e outras fórmulas de xestión das terras como as, UXFOR Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, etc para un mellor aproveitamento das terras.
Recursos enerxéticos. Estamos a ver que os recursos naturais e enerxéticos de Galicia non teñen un retorno ao pobo galego. Por iso hai que recordar o símil da vaquiña de Castelao co lema de que «A nosa terra é nosa» para facer viable o retorno dun beneficio económico pola explotación dos anteditos recursos e enerxías.