Os bombeiros interviñeron ao redor das 17:00 horas da tarde de hoxe nun operativo provocado por unha saída de vía na autoestrada AP-9F, á altura do punto quilométrico 1 en dirección á cidade da Coruña.
A persoa que conducía o vehículo tivo que ser liberada do mesmo, sen necesidade de ser excarcerada, antes de ser trasladada ao CHUAC.