A presidenta, en nome dos populares lucenses, asegura que «empregaremos todos os nosos medios para facer escoitar aos lucenses en Madrid e tamén en Europa»
A presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, e os senadores por Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, anunciaron en rolda de prensa que pedirán na Cámara Alta a comparecencia do Ministro de Transportes y Movilidad Sostenible, Óscar Puente, para “explicar a situación real” dos compromisos en materia de infraestruturas na provincia de Lugo ante “a falta de compromisos concretos” que supoñen “un agravio para a provincia”.
Barreiro avanzou que pedirán explicacións despois de que “o ministro confirmase durante a visita a Galicia que Lugo queda fóra da alta velocidade e do Corredor Atlántico de Mercadorías e que non dixera nada nin da A-56, nin da A-74 nin da A-76”. A mesma lectura se pode desprender das respostas do Goberno de Sánchez ás preguntas do PP no Senado: “falan de melloras para a modernización da liña do ferrocarril convencional que estenderán a Lugo os beneficios da alta velocidade Madrid-Ourense, pero non responden sobre a duración do traxecto; e tamén evitan dar prazos sobre as obras nas autovías pendentes”.
O lucense, portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado, asegura que “o PSOE di unha cousa, pero fai outra: Besteiro e Tomé fan anuncios, pero o Executivo non adquire ningún compromiso concreto por escrito”.
Elena Candia: “As respostas que ofreceron diferentes cargos políticos do PSOE, trala rolda de prensa que tivemos a principios de semana cos compañeiros deputados no Congreso, lonxe de tranquilizarnos e de ofrecernos unha información que reflicta unha implicación ou un liderado político do PSOE na provincia coas infraestruturas para Lugo, déixannos fondamente preocupados”. Así, engadiu: “Vemos como os socialistas seguen a perpetuarse na mentira e priorizando os intereses do PSOE sobre os de Lugo. Continúan poñendo a camiseta do PSOE en vez de vestirse a camiseta de Lugo”, puntualizou.
Precisou que “escollemos este lugar, a Subdelegación do Goberno, porque precisamente foi aquí, o 8 de maio do ano 2018, cando un Ministro do PP presentaba un plan que poñía a Lugo no mapa da alta velocidade. Este é o momento de sumar esforzos e de pelexar para que Lugo deixe de ser a cidade e a provincia peor comunicada de España”.
UNIDADE DE ACCIÓN EN TÓDALAS INSTITUCIÓNS
O Partido Popular ten unha importante representación no Congreso e no Senado e seguiremos promovendo accións para que Lugo non quede illada fronte a outros partidos coma o PSOE que rexeita calquera iniciativa que supoña esixirlle ao Goberno de Sánchez compromisos concretos con Lugo, ou o BNG, que “nin sequera asistiu ao debate do Senado sobre a mellora das infraestruturas na provincia”.
Os populares comprometéronse a “empregar todos os nosos medios e ferramentas para facer escoitar aos lucenses en Madrid”. E, igualmente, “tamén queremos facernos escoitar en Europa”. Así, convidaron aos lucenses a ir a votar o vindeiro 9 de xuño e apoiar a candidatura do Partido Popular ás eleccións europeas, igual que fixeron nas autonómicas, para dar resposta aos desafíos que se presentan con medidas concretas que melloren a vida de todos.
Algunhas das medidas que subliñaron foron a inversión en infraestruturas, a loita contra o reto demográfico, a defensa da igualdade de oportunidades, o dereito dos mozos a unha vida próspera, o acceso á vivenda e a mellora dos servizos sanitarios e das políticas educativas; sen esquecer o apoio a sectores estratéxicos como o agrogandeiro e o do mar, ademais do apoio ao desenvolvemento de proxectos industriais innovadores.
COMPROMISOS CONCRETOS EN MATERIA DE INFRAESTRUTURAS
Os senadores tamén pedirán “actuacións concretas en materia de infraestruturas (viarias e ferroviarias) a través dunha moción, despois de que o PSOE rexeitara incorporalas a través dunha emenda a unha iniciativa dos socialistas “que só recollía xeneralidades”.
O Partido Popular esixirá, en materia de comunicacións ferroviarias, que “Lugo deixe de ser a única provincia galega excluída da alta velocidade” e pedirá “a mellora da liña e o servizo do FEVE, integrar a provincia no Corredor Atlántico de Mercadorías e restablecer servizos e frecuencias eliminados durante a pandemia”.
Así mesmo piden concretar actuacións en materia de comunicacións viarias como a finalización da A-54 neste ano, a reconstrución completa dos viadutos do Castro e a rexeneración da A-6 e das estradas nacionais e recuperar os proxectos das autovías A-56, A-74 e A-76.
Os populares tamén urxen ao Goberno a desbloquear o Porto Seco de Monforte e implantar a gratuidade na AP-9.
Oscar Puente no sabe nada de eso y tendrá que llamar a Gómez Besteiro que dijo en su día que estas cosas las
resolvía el PSG-PSOE con su habilidad acostumbrada.
Ya saben lo que hay en cuanto a las comunicaciones ferroviarias de Lugo , si no hay presupuestado nada no
será fácil que Oscar Puente pueda explicarlo.
José Manuel Balseiro que llame al Padre Patiño que con sus bendiciones y misas repara las fochancas en su zona
y seguramente no cobrará díetas por ir a la Mariña a dar su bendición .
Piden mucho porque se van acumulando obras pendientes asi que aunque se publiciten diciendo :» O PP esixirá….»
,será inútil esa exigencia.
Se juntan las obras del PSOE y tambien las del PP ( ciertamente hacen proyectos todos) ,pero Lugo es la Capital
de Galicia que seguirá abandonada dejando pendientes las obras ,para los siguientes sin respetar por nadie los temas pendientes del Plan Galicia .