Unha lesión privou aos afeccionados que se achegaron a Balaídos de poder ver a Iago Aspas coa selección galega, quizais na súa última oportunidade. O moañés estaba no once inicial que anunciou a Federación Galega antes do partido, pero cando se anunciaron os once elixidos por megafonía apareceu Iker Losada en lugar do capitán celeste.
Lucas lamentou tamén, que o xogador do Celta non puidese xogar na volta da Irmandiña. Coren, nunha campaña de mercadotecnia, xuntou aos dous xogadores galegos nunha partida de futbolín para dar a coñecer o bo xamón da firma ourensán