Elena Candia: «é incrible que os autónomos que traballan na distribución estén suplicando información para poder desempeñar o seu traballo»
• Os populares acusan ao goberno local de ocultar datos e de actuar con absoluta improvisación indicando que «é previsible o que está pasando» en alusión ao malestar que hai en negocios, autónomos e residentes
• A voceira popular indicou que dende febreiro o goberno local ten un informe no que se indica que «se extende a todo o ámbito do casco histórico a limitación do paso a vehículos de máis de 3.500 kg»
• «O goberno local sabía, dende hai meses, das restricións que había para o tráfico dentro de murallas» e para avalar esta afirmación amosaron o decreto que asina o tenente de alcalde Rubén Arroxo, o 21 de maio de 2024 ás 14.47 horas, que fai referencia ao informe do 12 de febreiro asinado polo director de obra confirma que, desde esa data, tiñan información das limitacións de entrada no casco histórico.
• Elena Candia sentenciaba que «esta falta de transparencia está xerando moitos problemas» lembrando que o PP se insistiu, en diferentes ocasións sobre esta cuestión que incluso se levou a un pleno extraordinario en novembro co ánimo de mellorar a xestión das obras e minimizar os prexuizos aos colectivos afectados».
• Precisamente un dos puntos do acordo de pleno facía relación ás previsións sobre a futura xestión do tráfico peonil e rodado intramurallas indicando que «non existe información suficiente ou non é clara sobre os axustes necesarios para o tráfico rodado».
• Agora o goberno local ten a responsabilidade de dar unha solución porque dentro do centro hai vida e necesidades e non se pode xogar coas cousas de comer.Nunha resposta por escrito a preguntas dos deputados populares no Congreso