Cos éxitos deportivos xa coñecidos (Campionato e ascenso a EBA do primeiro equipo, ascenso a Segunda da Goleta, 4º e 5º posto galego para o preinfantil e o infantil masculino) e cos esforzos do club centrados na organización do Campionato de España Infantil que se está a celebrar en Betanzos, calquera podería pensar que a temporada 23/24 do Santo Domingo Betanzos xa chegou ao seu remate. Porén, a realidade é que aínda hai varios equipos do club en competición e mesmo que esta mesma fin de semana hai unha estrea. Comezando por esta última, a liga U22 masculino, en formato concentración, leva a Lugo un conxunto formado polos máis novos do sénior e varios júnior. O equipo, adestrado por Will Pereiro e Sergio Gómez, está citado no Anexo do Pazo o domingo 9 para medirse ao Montrove e ao Ensino Lugo.
Polo demais, o equipo B, xa descendido, di adeus ao seu público ese mesmo domingo ás 19.15h fonte ao Seis do Nadal, nun Carregal aínda cos ecos do campionato de España Infantil, e os únicos equipos do Santo sobreviventes na Copa Premium, o cadete masculino e o infantil feminino, xogan o seu partido de cuartos a un único encontro. O cadete masculino medirase ao Montrove en Mera, o domingo ás 12h, e as infantil feminino do Grelo Santo Domingo farán o propio fronte a Maristas Coruña, aínda que como locais. A cita, no Carregal ás 17h.