As Brigantias Roller Derby A Coruña acolleron o pasado sábado no polideportivo de Monte Alto tres partidos internacionais. Primeiro, o equipo local mediuse con Roller Derby Karlsruhe, de Alemaña, nun partido axustadísimo que se saldou coa vitoria das visitantes. Despois, As Brigantias impuxéronse a Birmingham Roller Derby B, de Reino Unido. Por último, os dous equipos estranxeiros enfrontáronse entre si nun duelo que gañaron de novo as alemás.
Os resultados dos partidos foron:
- As Brigantias Roller Derby 152 – Roller Derby Karlsruhe 155
- As Brigantias Roller Derby 181- Birmingham Roller Derby B 103
- Roller Derby Karlsruhe 177 – Birmingham Roller Derby B 122
Con este triangular, As Brigantias A finaliza os partidos da tempada, mentres que o seu equipo B aínda xogará dous partidos máis o 15 de xuño.