Seguimento do 100% na xornada de folga convocada en FerroGlobe polo Acordo marco

Hoxe o seguimento da xornada de folga convocada nos centros de traballo afectados polo Acordo marco de Ferroglobe tivo en Galicia un seguimento do 100%, excepto os servizos mínimos acordados en Mina Sonia e Serrabal e os non acordados e impostos polo empresa en Sabón.

O seguimento en FerroGlobe Innovation tamén foi do 100%, excepto os servizos mínimos acordados. 
Lembrar que esta xornada de folga obedece á imposibilidade de pechar un Acordo marco que mellore as condicións laborais dos traballadores e traballadoras. 
Ademais a xornada de folga estivo acompañada de concentracións en todos os centros, achégase fotografía da concentración de Sabón. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios