O PP pregunta no Senado por que o Goberno non implanta o sistema antinéboa na A-8 á altura do Fiouco

por Redacción Lugo

Os senadores esixirán tamén explicacións sobre as garantías do sistema escollido, o orzamento e as razóns para descartar outros

A densa néboa, frecuente no verán, impide a visibilidade e obriga a pechar ou limitar a circulación pola autovía do Cantábrico entre os límites de Mondoñedo e Abadín, aínda que a colocación de balizas luminosas no 2022 reduciu os peches totais.

O Goberno de España tomou a iniciativa de promover un estudo dirixido a testar distintos sistemas antinéboa e, «a pesar de que se anunciou que o uso dun láser lateral ofrecía resultados satisfactorios, aínda non se implantou sobre o terreo».

Os senadores tamén preguntarán ao Goberno central a canto ascende o importe anual recadado por sancións nos radares de tramo instalados en ambos sentidos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario