Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba interviñeron sobre as 15:00 horas desta tarde nun incendio que afectou a unha nave de maquinaria agrícola en As Travesas no concello de Santa Comba.
O lume orixinouse nunha pequena parte da instalación na que había diversas ferramentas. O operativo consistiu na súa extinción e na comprobación das medidas de seguridade.
Foto Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña