A Tenencia de Alcaldía actuará no pavimento da rúa Montero Ríos

por Redacción Lugo

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o vindeiro venres 5 de xullo comezarán os traballos de renovación do pavimento en distintos puntos da rúa Montero Ríos. Penas afirmou que esta intervención é importante «debido a que esta rúa mostra un avanzado estado de desgaste en diferentes puntos, polo que se fai precisa unha actuación que garanta o bo estado dos puntos que amosan máis desgaste».

Alexandre Penas explicou que «para realizar estes traballos é preciso unha previsión meteorolóxica favorable durante varios días para permitir que o novo asfalto asente e a intervención sexa duradeira», e anunciou que nos vindeiros días se sinalizará o itinerario alternativo «para que as veciñas e veciños da zona non perdan o acceso á súa rúa».

O concelleiro de Infraestruturas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. «As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona», explicou Alexandre Penas, que engadiu «moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario