A voceira do Grupo Popular presentou o número 4 do boletín do Grupo municipal que abre a portada cunha tribuna sobre o primeiro ano deste mandato destacando ás 597 inciativas rexistradas polo PP e lamentando “a falta de xestión do PSOE e que o BNG se pon de perfil en temas importantes para Lugo”
Baixo o título “Un ano camiñando contigo” repasa o traballo feito polos 12 concelleiros populares destacando ás 597 iniciativas rexistradas entre proposicións, rogos e preguntas e tamén ratifica o compromiso cos lucenses para seguir traballando no que queda de mandato para impulsar accións que melloren a calidade de vida da veciñanza.
Na sección do que “O que conseguimos no último trimestre” detállanse diferentes propostas nas que houbo un traballo de cooperación e se contou co apoio da Xunta de Galicia “son proxectos que supoñen a revitalización de barrios como o da Residencia ou solucións para crear máis aparcamentos en zonas como o barrio de Abella”.
Tamén se aprecia unha sensibilidade do goberno de Rueda que atendeu ás peticións presentandas dende o Grupo Popular con iniciativas relacionadas coa cultura, conservación do patrimonio ou o turismo e que suporán un motor para o emprego local como por exemplo: a elección e o impulso para que Lugo acollese o Campinato Mundial de Motocross; o recoñecemento da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural; ou as achegas para arranxaar problemas de humidades da Catedral, un dos 3 patrimonios mundiais que temos.
Na análise que se realiza en dúas planas tituladas “Desmontando ao PSOE e ao BNG” recollemos algúns exemplos que demostran que o PSOE non é bo xestor, nin escoita, nin traballa, nin mellora os servizos: a improvisación das obras do casco histórico e os problemas de mobilidade; o atasco de licencias; a súa intransixencia coas peticións dos traballadores municipais que os obriga a protagonizar concentracións e protestas nos plenos; a contratación dun crédito para poder investir; ou o fracaso na xestión do ciclo da auga … eso sen olvidar o fiasco en proxectos como o da praia fluvial un exemplo claro de como “cando rectifican, acertan”.
En canto ao BNG destacar como se pon de perfil nos temas relevantes para Lugo e o que fai é oposición como demostra pedindo apertura de novos espazos de aparcamento cando os que dependen da súa formación como o do fogar de Santa María sigue pechado; a súa negativa a dotar de contido e de poñer en marcha o Auditorio de Magoi; participar en caravanas reinvidicativas para que Madrid arranxe as estradas cando eles teñen todo Lugo repleto de baches ou o fracaso na reestruturación dos autobuses.
•No apartado “Estivemos Contigo” facemos un repaso en imaxes de actos culturais, sociais e de escoita activa nos que participamos nestes últimos tres meses incluíndo cun destacado do traballo de escoita activa realizada cos Colexios Profesionais lucenses.
Na contraportada espazo para o Partido Popular a nivel local. Nesta sección “Un equipo máis vivo que nunca” dáse a benvida aos135 novos afiliados e afiliadas rexistrados no último trimestre. Tamén hai un destacado para a exposición fotográfica “A Residencia un barrio con futuro” que está aberta ao público na sede do Partido Popular e que se organizou coa colaboración da veciñanza.