Os pasados 5, 6 e 7 de xullo, 18 d@s nadadores-as da AD.Fogar tomaron parte en Ourense no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán disputado na Piscina Minicipal Rosario Dueñas; onde @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación fronte aos 27 equipos participantes. No referente ás clasificacións por equipos, na categoría júnior fomos 8ª femininas, 4º masculinos e 5ªº conxunt@s; mentres que na categoría absoluta rematamos 3º masculinos, 11ª femininas e 6ºª conxunt@s. @s nos@s nadadores-as acadaron ademais 21 medallas, 5 delas de ouro, outras 10 de prata e 6 de bronce e bateron 9 das mellores marcas do club. Na categoría absoluta as medallas foron para Martín López (3), prata nos 50, 100 e 200 braza; os bronces de Carla Jiménez nos 100 braza e Carlos Abeleira nos 50 costas e a prata na substitución masculina dos 4×100 estilos. Na categoría júnior as medallas acadáronas Paulo Rivas (4), ouro nos 100 bolboreta, pratas nos 50 bolboreta, 50 e 100 libres; Jorge Souto (3), ouro nos 50 libres, prata nos 100 libres e bronce nos 50 costas; Manuel Souto (2), ouros nos 100 e 200 libres; Carla Jiménez (2), bronces nos 100 e 200 braza; Carla Mourelle (1), a prata nos 200 libres, ademáis do ouro nos 4×100 libres, a prata nos 4×200 libres e o bronce nos 4×100 estilos todas elas na categoría masculina. No que ás mellores marcas se refire, Paulo bateu os mellores rexistros do club de 16 anos nos 50 e 100 bolboreta e os 100 libres, Carlos Casal o de 200 braza de 14 anos, Jorge Souto o de 17 anos nos 50 bolboreta, Manuel Souto o da mesma idade nos 100 libres. Ademais a substitución júnior masculina do 4×200 libres e as absolutas masculinas dos 4×50 libres e 4×100 estilos melloraron tamén os anteriores rexistros do club; resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.