A Tenencia de Alcaldía intervén en distintos puntos de Lugo para mellorar a accesibilidade peonil

por Redacción Lugo

Nos últimos días reparáronse beirarrúas no Camiño de Romai, rúa da Industria e río Lea, ademais de renovar a varanda da rúa Cova da Serpe.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que nos últimos días se realizaron  múltiples traballos ao longo da cidade para mellorar espazos públicos, buscando mellorar a accesibilidade e a imaxe de distintas zonas. O edil de Infraestruturas afirmou que «seguimos traballando para atender as distintas reclamacións veciñais e garantir que os espazos públicos da cidade estén en bo estado de mantemento».

A Tenencia de Alcaldía actuou estes dáis no Camiño de Romai, onde se lle deu continuidade á beirarrúa unindo dous treitos a distinta aliñación, creando unha solución que da continuidade ao pavimento e evita molestias á veciñanza da zona. Na rúa Río Lea, renovouse un treito de beirarrúa de formigón que ata o de agora non contaba cunha superficie regular, instalando unha nova capa de formigón ruleteado reforzado con fibras estruturais, unha solución similar á executada na rúa da Industria, onde se mudou un treito de baldosa por formigón ruleteado e reforzado para evitar as contínuas roturas das baldosas da contorna. A estes traballos súmase a actuación executada na rúa Cova da Serpe, onde se renovou unha varanda, o que garante a seguridade e a accesibilidade nunha rúa cunha pendente elevada.

O concelleiro de Infraestruturas animou á veciñanza a facer chegar ao concello súas reclamacións para realizar arranxos nas rúas de Lugo. «Desde a concellería de Infraestruturas planificamos o traballo tanto coa información que nos fan chegar as veciñas e veciños dos barrios «, declarou Alexandre Penas, que engadiu «iso, xunto coas visitas que realizamos aos distintos barrios permítennos levar a cabo a planificación de traballo que realizamos por toda a cidade».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario