O PP reclamará no Senado a chegada do AVE e dos trens Avril “xa que Pedro Sánchez condena a Lugo a ser a única provincia sen estes servizos”

por Redacción Lugo

Os populares advirten que coas decisións do PSOE en Madrid «os lucenses non estamos en igualdade de condicións que o resto de galegos» e «as nosas empresas non poden competir en igualdade de condicións»

A presidenta, Elena Candia, os senadores – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano –, a deputada nacional, Cristina Abades, alcaldes e portavoces da provincia déronse cita diante a estación de tren da cidade de Lugo para denunciar “o agravio á nosa provincia en materia de infraestruturas ferroviarias” recordando que “Lugo é a única provincia de Galicia” sen AVE e sen trens Avril.

Os populares destacan que para que cheguen o AVE e os trens Avril á provincia “é imprescindible” a construción das variantes de Os Peares-Canaval e Rubián e acometer melloras no trazado que permitan a circulación a alta velocidade no novo material rodante (trens Avril). “Estas variantes son imprescindibles para garantir que os trens poidan circular a alta velocidade”, afirmaron.

Os proxectos destas variantes xa se presentaran polo ex ministro Íñigo de la Serna é o único que fixeron dende o PSOE en Madrid foi “anulalos” o que “nos condena á provincia a quedar fóra do AVE”.

Dende o PP lucense chaman unha vez máis a atención sobre o “illamento” ao que o Goberno de Pedro Sánchez somete á provincia en materia de infraestruturas de comunicación. “Os lucenses non estamos en igualdade de condicións que o resto de galegos como as nosas empresas tampouco poden competir en igualdade de condicións”, sinalaron.

No PP de Lugo amosan unha fronte común “ante esta discriminación” coa provincia porque “nos afecta a todos” e “non podemos permitir seguir perdendo competitividade e servizos polas decisións do PSOE en Madrid”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario