Carta de un grupo de familias a 21noticias denunciando a situación do CPI Uxio Novoneira, no concello de Folgoso do Courel, que reproducimos na súa totalidade.
Algunhas familias estamos sorprendidas como dende a Inspección empeñouse en afundir o noso colexio. Un colexio onde o primeiro eran os nosos nenos e despois os adultos.
En menos dun ano, Inspectora e algunhas familias cun desexo de galeguizar o colexio, tensionou a profesorado, familias e equipo directivo.
As consecuencias:
— O 80% do profesorado cambiou.
— A inspectora nomeou un equipo directivo no que o 100% o curso 22/23 era profesorado en prácticas (isto sería inconcibible no IES Lucus Augusti, por exemplo, pero o rural parece de segunda categoría)
— As persoas que nomean como directores non cumpren os requisitos mínimos de anos de docencia (mínimo 5 anos)
— A calidade da comida do comedor empeorou (produtos ultraprocesados, fiambre de mala calidade, restricións na merenda…)
— Semanas sen cociña, con comida transportada en maleteiros de coches; fiambre en mal estado (durante días sen cadea de frío)
— Diferencias entre nenos (por parte do profesorado) segundo a familia que pertenzan.
— Denigración por parte do profesorado con berros desorbitados e cancións denigrantes cara a certos alumnos por condición física, etc.
— E agora cambiaron o horario do centro Un horario pensado para marchar antes o profesorado, non para mellorar as condicións dos nosos fillos e fillas.
O alumnado, tanto de primaria como de secundaria, en lugar de ter deporte tres días a semana pasará a ter 2. A aposta por unha mellora real de hábitos saudable queda no esquecemento.
Por suposto quedamos sens actividades extraescolares gratuítas que antes proporcionaba o colexio (baile
galego, música, deporte e club de ciencias), creando diferenzas en función do poder adquisitivo (pais que poidan conciliar e levar os fillos a actividades extraexcolares en Quiroga, Monforte, Lugo ou Becerreá).
Curiosamente, as persoas que se din “amantes” do rural (iso si que non viven no rural van a el de vacacións)
son os que non nos deixan vivir tranquilos e pretenden que vivamos como nas cidades e nas vilas.
Para os pouquisimos nenos que hai, recreos separados primaria e secundaria. Xa lles custa xuntarse 4 para
poder xogar o fútbol estando primaria e secundaria xuntos, así mellor, separadiños que nin se poidan relacionar entre eles…
Pois nada, como somos poucos teremos que tragar co que pensan os de Lugo, Coruña, Santiago…Eso si son todos moi nacionalistas de boca.
Cando rematen de desfacer o colexio, pechen a porta o saír, porque en realidade este profesorado buscará todas as fórmulas para marchar canto antes do Courel despois reclamaremos a perda de servizos.
Que diferenza!! Hai uns anos o profesorado votou cambiar o horario do centro para aumentalo e asi poder
ofertar actividades extraescolares, versus o profesorado de agora que estará como moito dos cursos (ou incluso menos porque a xefa de estudios pide permuta) que cambia o horario para reducir o seu horario, quitar actividades extraescolares e saír antes. Parabéns, Inspectora!! Que equipo directivo nomeou
tan eficiente! Grazas por antepoñer as súas idease as dos seus seguidores o benestar dos nenos.
Deixádenos vivir a nos ea os nosos nenos no seu colexio de sempre e vaian xogar ó xadrez a outro sitio, pois
aquí sempre tivemos a tranquilidade de saber que os nosos fillos ían estar seguros e protexidos dentro do colexio e cousa que este curso non foi así.
Somos poucos e como ben sabedores de como funcionan as cousas, non podemos poñer os nosos nomes por medo a mais represalias contra os nosos fillos, que xa bastantes levan tido os pobres e despois sodes vos os que enchedes a boca dicindo de que hai que protexer os nenos pois poñíanse as pilas e empecen a facelo non permitan mais atropelos contra eles.