Lode é un dos artistas galegos con maior repercusión nas redes sociais

por 21 Noticias

Un dos grandes fenómenos virais en redes, Lode, está de estrea co seu novo tema «Carita de Ángel». Esta combinación de afrobeat e pop urbano sae coa idea de se converter nun dos grandes temas do verán. Tras acumular máis dun millón de reproducións nas súas cancións, o de Narón cántalle ás relacións tóxicas e aditivas, no que é o seu primeiro tema dende 2023. Con esa dualidade entre anxo e demo, o artista galego xoga con esa idealización que se ten dunha persoa ao principio e que despois acaba por defraudar.

Este novo tema está composto polo propio Lode xunto a Nuria Azzouzi, Mateo Bruquetas, Manuel Sánchez e Javier Millan. A nivel de produción, Lode rodeouse de dous enormes produtores, Baghira e Mees Bickle, que traballan da man de artistas de corte internacional da talla de Beret, Arkano ou Maka, e que ostentan nominacións e premios como Los40 Music Awards ou Discos de Ouro polas súas producións. A localización elexida para levar a cabo a gravación foi o coñecido Estudio 808 de Sevilla. O propio artista destaca a facilidade coa que saíu o tema no proceso de creación, dado que todas as persoas involucradas viviron algo similar e puideron sentirse identificados dende o primeiro momento.

Lode abre así a porta ao seu novo traballo neste 2024. Despois do éxito en 2023 de temas como «Las Ganas» ou «ENAMORAO», que acumulan máis de medio millón de reproducións en plataformas dixitais, o de Narón ven para revolucionar o verán e poñer a bailar a todo o mundo.

MÁIS DE LODE

Cun estilo urbano pero multidisciplinar, o cantante de Narón está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras as súas exitosas aparicións en programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, Lode eleva a escena urbana a base de talento, con composicións musicais e coreográficas propias de primeiro nivel.

As súas redes sociais son unha pequena mostra da repercusión do cantante e bailarín galego, acumulando máis de millón e medio de seguidores de todas as partes do mundo nelas, destacando os máis de 35 millóns de visualizacións que acumula na súa canle de YouTube. O seu talento non pasou desapercibido dentro da industria musical, sendo apoiado por grandes figuras do panorama internacional e nacional como Juanes ou Álex Ubago.

Actualmente, o cantante, bailarín e compositor está preparando novos traballos discográficos, así como un novo directo no que deixar patente o seu carácter multidisciplinar, sendo quen de combinar a súa capacidade vocal co seu talento coreográfico. Lode levará o seu éxito nas redes aos escenarios.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario