A Comisión de Festas de Malpica abandonan as Festas do Mar 2024 por discrepancias con Alfredo Cañizo

por Óscar de Souto

A reunión cos responsables do Concello a finais de Xullo acabou como » o rosario da aurora», maila os intentos do alcalde, Eduardo Parga de chegar a un acordo entre a Comisión de Festas e o edíl de Festas, Alfredo Cañizo, os descalificativos que mencionan neste comunicado, foi a gota que colmou o vaso da paciencia dos organizadores das Festas do Mar 2024.

As festas son unhas celebracións máis importantes de este municipio costamorteño, pola procesión marítima, os pregoeiros/as tan famosos que por elas pasaron e pola conexión entre os actos relixiosos na honra da «Virxe do Carme», patroa dos mariñeiros, e o resto de actos desta festa que soen realizar dende o día 20 de agosto e prolongándose varios días a finais deste mes.

Este «totum revolutum» vai poñer en risco grave a celebración máis típica da vila mariñeira por estas discrepancias aparentemente irreconciliables co responsable municipal das festas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario